martes, 6 de octubre de 2015

catequesis

Un novo curso comenza.
Xa empezou o curso escolar, polo que tamén teremos que empezar o novo curso catequístico, para a formación cristiá dos nenos e xoves, que será o domingo 4 de outubro.
É unha grave obriga que os pais teñen de educar os seus fillos; e os pais cristiás de educalos na fe que profesaron a bautizar os nenos.
Deben recordar os pais o compromiso que adqueriron cando bautizaron os seus fillos. O sacerdote lles preguntou no momento de iniciar a celebración do bautismo, ¿ qué pedides a Igrexa para este neno ?, e eles contestaron " o bautismo " , o sacerdote respondeulles, " pois sabedes que vos obrigades a educalos cristianamente ".
Esta obriga cómprena os pais a traves da súa testemuña cristiá, ensinándolles desde pequeniños que temos un pai no Ceo que nos quere, que podemos falar con El a través da oración, mandalos a catequese e acompañalos na celebración da Eucaristía, preocuparse do ensino da relixión católica na escola para que vaia recibindo unha educación armonica para o ben da súa vida humana e espiritual é así construir unha personalidade madura e responsable.
Para esta labor da educación cristiá na catequese contamos cos catequistas, que ano tras ano veñen facendo un traballo inestimable para ben dos nenos e da comunidade cristiá, que todos debemos agradecer profundamente. Non son unhas persoas que, " como non teñen nada que facer véñense a entreter na atención os nenos "; senón uns cristiás comprometidos que se sacrifican moito polo ensino cristiá dos nenos e xoves para que reciban a debida educación, como nos mandou o Señor a tódolos seus discipulos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario